Feijóo propiciou o maior ataque da historia contra a sanidade pública galega.

20160919-p_vilan-sanidade-web“Feijóo propiciou nestes anos coa súa xestión e a desculpa da crise, o maior ataque da historia contra a sanidade pública galega, que non só non medrou neste tempo, senón que foi gravemente recortada, suprimida, privatizada e perigosamente deteriorada”. Con esta contundencia expresouse hoxe Patricia Vilán, candidata do PSdeG-PSOE ao Parlamento de Galicia.

Recortes orzamentarios sen precedentes, xunto cunha lexislación que favorece e regula as privatizacións, foron algunhas das armas utilizadas por Feijóo para ese planificado deterioro do público. Sen esquecer a privatización masiva de infraestruturas novas e de tecnoloxía, o abandono do mantemento das existentes, o nefasto plan de RRHH, a supresión do Plan de Mellora de Atención Primaria e a desaparición do Plan de Saúde Mental.

Ademais, as listas de espera ocultadas e manipuladas, pero absolutamente descontroladas, provocan que a cidadanía busque solucións fóra do Sistema Sanitario Público.

Mención especial merece o feito de que Feijóo deixa o orzamento sanitario comprometido e seriamente mermado para os próximos 20 anos polos canons a pagar pola construción do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e as privatizacións de tecnoloxía e servizos, namentras os problemas sanitarios de toda a zona sur de Galicia seguen sen solucionar.

“Se esta descripción xa é o suficientemente preocupante, no caso de Pontevedra e a sua area, a situación é todavía mais grave. Feijoo é culpable directo da paralización do proxecto de ampliación de Montecelo e da ocurrencia de construir un hospital privado en Montecarrasco. A realidade é que o PP de Feijoo someteu a Pontevedra a un castigo cun deterioro sen precedentes no ámbito sanitario. O anuncio en plena precampaña de que se retomará o proxecto socialista de ampliación do Hospital Montecelo –por certo, defendido durante estos 7 anos e medio de goberno Feijóo por diversas organizacións sociais, sindicatos e forzas progresistas-  é, non só un recoñecemento da  sua nefasta xestion, senón unha nova cortina de fume, dado que as previsions de execucion das obras alónganse ata un mínimo de 6 anos máis, cuestión absolutamente inaceptable”, suliñou Vilán.

Diante da situación crítica da sanidade publica que o próximo goberno herdará de Feijoo, “os socialistas ofrecemos respostas novas e propostas concretas”, salientando Patricia Vilán as seguintes:

  • Excluiremos, mediante unha lei do Parlamento de Galicia, o uso dos modelos de Contratos de Colaboración Público-Privada e Concesión de Obra Pública e de Servizos do financiamento de infraestruturas sanitarias públicas, polo seu maior custo, a xeración dunha débeda pública real que grava as xeracións futuras e a diminución na calidade asistencial referida por diferentes informes da OMS.
  • Reverteremos a concesión de obra do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, converténdoo nun hospital público 100%, igual que os demais hospitais da rede pública do SERGAS.
  • Reverteremos, con diferentes niveis de prioridades, os diferentes servizos sanitarios e infraestruturas en réxime de concesión, colaboración público-privada ou obxecto de diálogo competitivo.
  • Promoveremos o funcionamento dos servizos en función dos controis de calidade e resultados obtidos. Estableceremos o financiamento dos servizos vencellado a resultados obtidos.
  • Formularemos a avaliación continuada e a implantación de sistemas de calidade total na mellora da atención á cidadanía e tomaremos como bandeira a mellora segundo informes profesionais de avaliación alleos ao SERGAS.
  • Promoveremos un financiamento finalista da Sanidade Pública.
  • Impulsaremos un Acordo Social pola mellora e sustentabilidad do Sistema Público de Saúde de Galicia para garantir tanto a súa calidade como a sustentabilidad a medio e longo prazo”.

“A nosa sanidade pública está cimentada sobre o valor do público, sobre os principios de universalidade, equidade, solidariedade e financiamento público mediante o sistema fiscal, polo que os socialistas rexeitamos calquera reforma que implique que os cidadáns teñan que volver pagar polos servizos sanitarios que reciben. O gasto sanitario é un investimento en emprego, en tecnoloxía, en coñecemento e en desenvolvemento, e non debe considerarse unha simple política de gasto, susceptible de ser recortada sen máis”, concluiu Patricia Vilán.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services