EUTANASIA: DEFENDEMOS O DEREITO A MORIR CON DIGNIDADE

 

A Vicesecretaria Xeral do PSOE e portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Adriana Lastra, defendeu no Congreso a Lei orgánica socialista para regular a eutanasia, solicitando ós demais grupos que non se queden ó marxe, ante un dos avances lexislativos e sociais do século XXI.

Con esta iniciativa lexislativa os socialistas volvemos a ser pioneiros na conquista dun novo dereito e avanzamos na consolidación dos dereitos e liberdades civís. Creemos que a eutanasia é un dereito subxectivo. O dereito a decidir que non se é capaz de seguir vivindo nunhas condicións insoportables, sen a dignidade precisa para levar unha vida completa.

A proposición de lei orgánica ten o obxectivo de solucionar legalmente os supostos nos que unha persoa cunha enfermidade irreversible e sen tratamento, que sofre graves padecementos, desexa e solicita que se lle administre unha medicación que poña fin á súa vida de maneira anticipada ou que se lle garanta o acceso ós fármacos para por fin a súa vida por si mesma, acompañándolle na súa decisión ata o final.

Actualmente, en España, estes supostos están penalizados no Código Penal e expomos modificar o seu artigo 143. O dereito regúlase dun modo amplamente garantista, de forma que se constate que a solicitude de exercelo é voluntaria, informada, consentida e libre. Nos últimos meses, o PSOE ha traballado intensamente, xunto a un grupo de expertos e colaboradores, na elaboración da Proposición de Lei Orgánica que presentamos, porque queremos seguir liderando as conquistas de novos dereitos e liberdades civís e cidadás e facelo dende a seriedade e o rigor.

Ha chegado o momento de abordar este debate, ó que nos comprometemos no noso programa electoral e no noso 39º Congreso Federal, para dar resposta de forma serena e madura a esta demanda social.

Para saber máis:

Por que unha lei de eutanasia?

Información sobre a proposición de Lei sobre a Eutanasia

 

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services