En Ordenación do Territorio está todo por facer. Feijóo apostou por desregular en lugar de planificar”

“O PP empregou a maioría absoluta para impoñer discrecionalidade nun asunto que require moita racionalidade, e apostou por desregular en lugar de planificar”.

“A política urbanística e de ordenación do territorio de Galicia precisa dunha visión global baseada en criterios de racionalidade, sustentabilidade, protección do territorio, flexibilidade e adaptabilidade á dinámica urbana. A nova Lei do Solo de febreiro de 2016 non soluciona os problemas urbanísticos de Galicia, carece de obxectivos e dunha visión global da planificación territorial, así como dun maior interese na protección do medio ambiente e o territorio galego”, sinalou a candidata socialista.

María Pierres salientou as propostas, “serias e rigorosas” que o PSdeG-PSOE leva no seu programa en materia de ordenación do territorio:

  • Modificar a Lei do Solo 2/2016 en base ás emendas presentadas polo grupo parlamentario, consensuando unha nova redacción co resto dos grupos políticos que garanta unha estabilidade lexislativa que agora non hai.
  • Priorizar o desenvolvemento das Directrices de Ordenación do Territorio, en especial das vinculadas ás áreas urbanas a través dos Plans Territoriais Integrais de Rexións e Áreas Urbanas.
  • Compromiso de elaborar un marco que posibilite a posta en marcha e o funcionamento real das áreas Metropolitanas en Galicia.
  • Recuperación do apoio aos municipios para a revisión e adaptación do planeamento municipal, así como axilizar o proceso de tramitación mediante a emisión dun único informe para un mesmo planeamento en trámite.
  • Reorientar a actual estrutura da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística, potenciando as súas funcións de inspección, reposición da legalidade e sanción en materia de urbanismo
  • Asumiremos, a xestión pública do urbanismo, reforzando as competencias municipais e os medios para exercelas.

“En Ordenación do Territorio  está todo por facer e urxe darlle resposta para amparar e mellorar unha das nosas maiores xoias: a nosa paisaxe”, rematou dicindo María Pierres.

 

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services