Dende a Concellería socialista de Igualdade condenase o asasinato machista de Valga.

Dende a Concellería socialista de Igualdade a nosa compañeira, Paloma Castro, condenou rotundamente o asasinato machista de Valga.

A concelleira manifestou a fartura deste goteo incesante de actos violentos contra as mulleres, “deste terrorismo machista que non cesa” e que fai necesario incidir na loita contra a violencia de xénero, especialmente dende a educación. Paloma Castro engadiu que é necesario repensar todo o que se ten traballado ata o de agora ou buscar novos enfoques desta problemática, porque algo está fallando cando, pese ó incremento de medidas económicas contra esta lacra social, os asasinatos non cesan.

Mañá, 17 de setembro, ás 12 horas, representantes socialistas acudirán ó acto da Subdelegación do Goberno de Pontevedra para render un minuto de silencio polo triplo crime de Valga.

Seguindo con esta liña de actuación dende a concelleira socialista presentouse unha moción de apoio á campaña “Emerxencia Feminista”, que está a ser promovida por todo o país polas organizacións de mulleres con motivo da acción prevista para o 20 de setembro. A nosa edil invitou a participar neses actos, que pretenden denunciar o incremento de asasinatos, e informou de que levará a proposta á Comisión de Cultura do Concello coa intención de “conseguir o respaldo unánime da corporación municipal” a esta campaña.

Estas declaracións se suman ás moitas actividades en prol do feminismo que os e as socialistas veñen realizando nos últimos meses, especialmente dende a concellería de igualdade, como a presentación o pasado venres, na sede de Afundación, do documental “El Proxeneta”, realizado pola activista contra a prostitución, Mabel Lozano, quen manifestou que a prostitución é un atentado contra a dignidade das mulleres que entende debe abolirse.

 

 

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services