Dende a Concellería socialista de Deportes segue a promoverse o deporte galego

O Tenente de alcalde socialista, Tino Fernández, presentou a XXII Subida Pontevedra Almofrei, que terá lugar este fin de semana na cidade na carreteira que une Bora e Carballedo, que actuará de velódromo. A instalación de lombos en Marcón, obrigou a proba a retornar ós seus orixes, como recoñeceu o presidente da escudaría “Ciudad de Pontevedra”.

A cita, que terá lugar entre o sábado 20 e o domingo 21 deste mes, con parque móbil na Praza de España, para achegar a proba ós e ás cidadáns, sairá de Bora o sábado ás 16 horas. As dúas últimas mangas se disputarán o domingo dende as 9:30 horas.

“Esta proba sempre ten unha alta participación”, dixo o compañeiro, que actúa como concelleiro de deportes, como se demostra pola alta participación esperada, uns 60 ou 70 vehículos, entre os que se atopará o principal favorito a revalidar o Campeonato Galego de Montaña, Alexis Viéitez.

Tino aproveitou tamén para advertir que, dada a presenza de numerosos espectadores, se tivera especial prudencia e se respecten as medidas de seguridade, pedindo a xente que se sitúe nas zonas habilitadas para o público, xa que o deporte é para desfrutalo sen ter que correr riscos innecesarios.

Con esta nova proba deportiva, dende a concellería socialista de Deportes preténdese seguir promovendo o deporte galego, sen limitalo só ás grandes figuras e actuacións deportivas; fomentando o deporte base no que se implican a maioría de veciños e veciñas de Pontevedra.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services