Compromiso socialista: Construir unha política social a partir  dos escombros que deixa  Feijóo.

20160913-acto-politicas-sociais-web“Sete anos de voladura e privatización sistemática dos piares das políticas de benestar social implementadas durante o goberno do socialista Emilio Pérez Touriño” . afirmou Patricia Vilán. Deste modo calificou o resumo  de dous mandatos absolutamente nefastos para aqueles que necesitan máis protección dos  servizos públicos.

“A excusa da crise foi un paraguas perfecto para  xustificar a aplicación das políticas de dereitas de Feijoo que non cree nin na igualdade nin na solidariedade. Transformou a política social en caridade ou negocio”, engadiu María Pierres,

Patricia Vilán e María Pierres, candidatas socialistas ao Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra destacaron que hai moito traballo que facer en materia de política social. “O desmantelamento é de tal magnitude que non hai que reconstruir senon que directamente hai que construir”, indicou Patricia Vilán. “As políticas sociais están no corazón do programa socialista porque a nosa prioridade son as persoas e non os bancos”, apostillou María Pierres.

As candidatas socialistas fixeron una exposición das principais propostas do Programa Socialista no Acto Sectorial sobre Políticas Sociais celebrado hoxe  nos locais do CEIP Campolongo, cun posterior debate cos membros das asociación presentes.

As propostas sectoriais socialistas partirán dunha máis xeral: unha Alianza Social coa cidadanía de Galicia, unha proposta política que denominamos ALIANZA COA XENTE DE GALICIA.

Os retos son enormes. O primeiro xerar emprego de calidade como ferramenta contra a exclusión social. Ademáis, impulsaremos un Sistema Galego de Protección Social para rematar coa intolerable ineficiencia dun sistema privatizado. Temos que mellorar o Ingreso Social Básico: hai que habilitar formulas que melloren sustancialmente o actual RISGA .

As políticas sociais tamen son un nicho xerador de emprego que temos que aproveitar. Elaboraremos  un Plan Estratéxico de Servizos Sociais 2018-2024, que contará con tres grandes Pactos: Pacto Galego pola Infancia,  Pacto Galego para a Autonomía Persoal e Pacto Galego contra a Pobreza e a Exclusión Social.

“E necesario artellar unha nova relación cos concellos, que son a primeira porta á que recurren as persoas. Temos que implementar  mellores políticas de coordinación que  rentabilicen  os esforzos e  os orzamentos”, sinalou María Pierres.

“O noso programa e un plantexamento ambicioso do futuro. Non só non imos a deixar a ninguén no camiño senón que está pensado para recuperar a eses milleiros de persoas con nome e apelidos que as  políticas do PP e Nuñez Feijoo foron abandoando”, rematou dicindo  Patricia Vilán.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services