Coloquio co mundo empresarial, AEMPE e AJE, en Pontevedra.

leiceaga-aje-aempeXoaquín Fernández Leiceaga asistiu hoxe a un coloquio coas directivas da Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa (AEMPE) e da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) acompañado polos candidatos da provincia Abel LosadaPatricia Vilán, Julio Torrado, María Pierres e Gonzalo Caballero.

No transcurso do mesmo,  expuso as principais liñas do programa socialista nás áreas de economía e emprego. O candidato socialista destacou o Programa de Fomento do Emprego para Mozos e Mozas e Parados de Longa Duración que ten por obxecto a incorporación ao mercado laboral de ambos colectivos. O obxectivo do programa é promover 10.000 contratos de tres anos de duración ao ano.

Asímesmo, o candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, trazou un amplo panorama da situación económica de Galicia e do papel das empresas no futuro do país. O papel que debera ter o IGAPE, a internacionalización das empresas, a xestión dos fondos europeos que non ten sido nin eficaz nin eficiente no goberno de Núñez Feijóo, e a importancia para o desenvoilvemento do paíos da pequena e mediana empresa e dos traballadores autónomos formaron parte da exposición realizada por Leiceaga ante as directivas de AEMPE e AJE encabezadas respectivamente por José María Corujo e Lucía Pedroso.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services