As Xuventudes Socialistas de Pontevedra se reconstitúen

Este venres, 22 de febreiro, os socialistas pontevedreses estivemos de celebración, xa que reorganizáronse as Xuventudes Socialistas da localidade, tras varios anos de inactividade. Para elo, un grupo de mozos e mozas encabezados por Santi Abal Buceta, que exercerá de Secretario Xeral das XX.SS. pontevedresas, constituíron a organización xuvenil “con moita ilusión, decididos a axudar a achegar o socialismo @s moz@s, así como apoiar ó Partido nas próximas eleccións”.

 

O acto contou ademais coa intervención da Subdelegada do Goberno e Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE local, Maica Larriba García, que manifestou a ledicia de rematar un atarefado día, no que se estivo traballando para recuperar para o patrimonio público os bens provenientes do narcotráfico, para dedicalos a accións sociais, coa constitución das Xuventudes locais. “Alegría de ver tanta xente nova, con ilusión, chea de frescura, con gañas de aprender, con capacidade de facer da política un instrumento para transformar a sociedade. Porque a política é iso, un instrumento non un fin”. E os animou a seguir adiante e achegar ó sector cidadán que mellor representa o futuro o mellor da política.

 

Pola súa parte, o Secretario Xeral das XX.SS. de Galicia, Aitor Bouza Manso, indicou que os mozos e mozas socialistas “imos seguir loitando polos dereitos que lograron, co seu suor, os nosos avós, os nosos pais, e que nós tamén queremos para os nosos fillos. Fronte a artigos que dividen ou avivan o conflito, como o 155, nós queremos falar de artigos como o 14, que falan da igualdade.”

 

Os presentes estiveron ademais acompañados polo candidato a alcaldía Tino Fernández, a concelleira Paloma Castro e outros membros da Executiva local.

 

Da comezo así unha nova andaina dos mozos e mozas socialistas da nosa cidade, o mellor modo de sementar en valores e recoller esperanzas; de que os futuros homes e mulleres da política poidan vivir esta con maiúsculas, traballando conxuntamente co Partido nas transformacións sociais, na loita pola igualdade, na defensa dos valores e os dereitos; colaborando na creación dun proxecto atractivo para a mocidade, que lle devolva a ilusión e a dignidade a tarefa pública, fuxindo das mentiras coas que a dereita o embarra todo, fronte a xenofobia, a homofobia ou o racismo. Un proxecto socialista no que caibamos todos.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services