As xestións do PSdeG-PSOE conseguen a mellora urbana da rúa Santa Teresa de Jesús Jornet

O pasado 18 de xaneiro, compañeir@s da Executiva municipal do PSdeG-PSOE e do Grupo Municipal visitaron ós veciños da rúa Santa Teresa de Jesús Jornet. Nese encontro cos veciños, similar ós que se veñen realizando ó longo do ano por diversas rúas e parroquias da cidade, os residentes manifestaron o abandono que veñen sufrindo, dende fai catro anos, por parte do Concello de Pontevedra, ó que ven levantar e arranxar as rúas do centro unha e outra vez. “Seguro que cando Lores vai polo mundo adiante non vai falando nin ensinando fotos da nosa rúa ou da periferia da cidade”, evidenciou algún dos veciños na nosa visita.

Durante o percorrido se puido comprobar o estado de abandono da rúa e a falta de mantemento, con árbores taladas que precisan a súa substitución, mobiliario urbano vitange, iluminación que non funciona, pese ás continuas chamadas dos veciños ó Concello para o seu arranxo,  así como o desaproveitada que está a súa praza central, cuxa titularidade xurídica non está clara, polo que solicitan que se integre no patrimonio municipal; entre outras deficiencias como a falta de contedores para separar o lixo (o que choca coas políticas de compostaxe que se dan noutras áreas da cidade). “A periferia merece moito máis respecto”, indicou o noso candidato a alcaldía, Tino Fernández, que tomou boa nota das queixas dos veciños.

Rematado o encontro cos veciños, como noutras ocasións, o Grupo Municipal preparou unha moción para solicitar a mellora da rúa e o arranxo das deficiencias atopadas na mesma e que foi presentada á Comisión de Obras do Concello, que ditaminou favorablemente a mesma, polo que, unha vez máis, os socialistas melloraremos a vida dos veciños a través do noso constante traballo. Esta vez a reforma urbana e o modelo de cidade chegará tamén a Santa Teresa de Jesús Jornet. Non é a primeira vez que o facemos, pero tampouco queremos que sexa a última, quedan moitas rúas fora do centro abandonadas polos seus xestores municipais.

 

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services