As políticas de Feijoo déronlle as costas aos emprendedores e autónomos.

20160921-fotos-acto-emprendemento-web“Os socialistas cremos que o emprendemento precisa de maior escoita activa por parte da administración, prestando  atención as súas demandas, e favorecendo políticas participativas”, comentou hoxe a candidadata socialista María Pierres, tras un encontro con axentes sociais, emprendedores e representantes sindicais de Pontevedra.

Durante o encontro, no que se explicaron as bases do programa socialista, fomentouse a incorporación de ideas e demandas a un mapa de medidas que deixou claro que “a axuda a financiación dos proxectos de emprendemento e nas fases iniciais aos autónomos, potenciar un achegamento e maior comunicación entre a administración e os profesionais, con programas de inmersión en espazos de traballo, e o impulso do acompañamento psicolóxico aos desempregados, son as tres medidas máis demandadas e valoradas”, apuntou a candidata socialista.

É preciso o achegamento do emprendemento á mocidade, a familiarización con él tanto a nivel individual como colectivo, fomentando seminarios de maduración de ideas e realización de prácticas.

Fomentaremos o emprendemento individual e colectivo a través de medidas especificas como as Iniciativas Locais de Emprego ou os viveiros de empresa.

“Impulsar encontros de mozos e mozas desempregados con emprendedores, para que coñezan das súas experiencias, e poidan valorar con maior claridade o emprendemento como unha saída de emprego real, é tamen outra das nosas prioridades”, sinalou María Pierres.

Hai que impulsar o apoio a profesionais en situación de desemprego para valorizar a súa experiencia científica, tecnolóxica e empresarial no eido do emprendemento. Neste sentido constatamos a falta de orientación nos desempregados de maior idade, con graves deficiencias de formación e de plans de actualización. Hai que  apoialos con formación que realmente complemente e apoie os seus perfís profesionais, e axude á súa actualización.

Cremos que hai que incidir na formación do funcionariado público, cunha admistración proactiva e comprometida con un servizo de apoio a todas as iniciativas, en todas as súas fases.

“Todas as medidas de apoio ao emprendemento rematou dicindo María Pierres- non se poden entender unhas sen as outras, así, o financiamento, non pode ser unha medida allea a un bo asesoramento, e a administración ten que adoptar este papel, como orientador primeiro, que favoreza e traballe polo éxito das iniciativas”.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services