As e os socialistas de Pontevedra manifestamos o noso rexeitamento ó último crimen machista ocorrido en Galicia

As e os socialistas manifestamos onte, xunto ó resto da corporación do Concello de Pontevedra, con motivo do asasinato de María del Carmen Vázquez, unha veciña de Vilalba, a mans da súa exparella, o noso maior rexeitamento a estes actos de violencia machista contra as mulleres.

Ante as portas do Concello, a concelleira socialista de Igualdade, Paloma Castro, afirmou que “o goteo de asasinatos machistas é continuo e insoportable”, e manifestou o seu repudio á utilización de termos como “violencia intrafamiliar” que empregan os dirixentes de Vox, así como a idea destes de que é igual que se suicide un home a que unha muller morra asasinada. Ó tempo que Paloma amosaba a súa oposición a estas afirmacións da ultradereita, mostraba o seu apoio en favor da defensa da liberdade e da igualdade das mulleres no seu dereito de “poder vivir tranquilas”.

Durante o transcurso desta concentración, unha integrante da agrupación feminista “Batucada” dirixiuse ó conservador Rafa Domínguez para dicirlle que: “No tenéis vergüenza. No podéis estar en una concentración si al mismo tiempo intentáis con Vox quitar las leyes de violencia de género. No sabéis lo que es respetar a las mujeres”.

No día de hoxe foron os traballadores da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, encabezados pola nosa Secretaria Xeral e subdelegada, Maica Larriba, os que realizaron unha concentración ás portas da institución, na que, tras un minuto de silencio, sinalouse a repulsa polo crime machista deste luns. A compañeira Maica indicou que “temos que estar hoxe aquí para denunciar que unha muller máis foi asasinada pola violencia machista en Vilalba”. “No que vai de ano son 34 as mulleres asasinadas en toda España. En Galicia, levamos dous”, condenou Maica, quen recordou que dende o 2015 houbo 15 vítimas mortais na provincia. “Non é unha cuestión de políticas, é conciencia cidadá e lamentamos que aínda haxa sectores que neguen esta triste realidade”, lamentou a nosa compañeira ó tempo que amosaba o seu firme compromiso de “seguir loitando contra esta lacra a través de todos os medios que estean a nosa disposición”. O acto foi simultaneado no resto de subdelegacións de Galicia.

Para este martes o colectivo feminista de Pontevedra convocou unha concentración, ás 20:00 horas, ante a Audiencia Provincial.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services