Acto de recoñecemento a catro décadas de compromiso da militancia

O día 1 de decembro de 2018, ás 11:30, no Hotel Palacio del Carmen de Santiago de Compostela, o PSdeG-PSOE realizou un acto de recoñecemento a aqueles militantes con máis de 40 anos de compromiso co socialismo. Entre eles a tres compañeir@s da nosa Agrupación: Pedro Vila, Margariña Valderrama e Baltasar García.

O acto contou coa presenza de Enrique Barón, quen abriu o mesmo afirmando que “Hemos progresado y cambiado la sociedad en estos 140 años, pero las realidades han cambiado y hay que adaptarse a los tiempos. Aún no hemos conseguido la emancipación del ser humano, por eso hay que seguir trabajando”. Incidiu en que non entende a aqueles que atacan a constitución, cando o que hai é que celebrar esta, pois “tuvimos constituciones y anticonstituciones, pero por una vez tenemos una constitución que podemos reformar” sen necesidade de facelo cun movemento golpista. “Que no se olviden los que heredan que también han de ser merecedores de lo que heredan”, insistiu. Tamén fixo unha acendida defensa da pertenza á Unión Europea, nun momento de preocupante antieuropeismo, xa que moitos dos problemas de España, como as hipotecas ou os temas enerxéticos e laborais, melloráronse por sentenzas ou acordos da Unión Europea. Lembrou a necesidade de chegar a acordos entre as forzas políticas, pois a disensión só ten sentido se chégase a pactos, como demostrou responsablemente o Partido aceptando unha constitución mellorable, pero co firme propósito de levar ó País cara adiante. Lealdade que non cumpriu o Partido Popular cando non rendeu contas ó Lexislativo durante o tempo que o Goberno de Rajoy estivo en funcións, como acaban de recoñecer os tribunais, ou apoiando ó Goberno en temas tan sensibles como ETA ou Cataluña. “¿Estos son los que se llaman constitucionalistas?”. Por último, advertiu sobre os populismos, ós que hai que vencer unidos, como demostrou a Unión Europea en casos como o de Trump ou o Brexit, xa que “el populismo está en la sangre de la gente, como el colesterol, y si inyectas continuamente colesterol malo -y Trump y compañía son especialistas en ello- todo se complica”.

A continuación, fíxose un recoñecemento ós compañeiros con máis de 40 anos de militancia, ós que se lle entregou un ramo e un libro, cedéndolle a palabra a algún destes protagonistas da historia do socialismo galego. Entre eles a compañeira Margariña Valderrama, quen tivo un recordo para os familiares dos militantes, especialmente para as mulleres e os fillos, que tamén forman parte da familia socialista, e lembrou como estes colaboraron sempre pegando selos, votando unha man nas campañas electorais e cedendo o seu tempo á causa. Unha dedicación política que supuxo sempre moitas máis dificultades ás mulleres, o que está cambiando, pero que aínda hai que seguir facendo camiño. Lembrou tamén os primeiros anos na Agrupación de Pontevedra, con compañeiros como o, tamén recoñecido, Pedro Vila, De Guereñu, Celso García de la Riega, etc., entre os que había unha gran amizade; ou a compañeiros como Pepe Moas, Ceferino Díaz, Rodríguez Pardo. Rematou dicindo que ós seus anos, segue facéndose a mesma pregunta: “Que podo facer eu polo Partido e por Galicia?” E animou a todos a apoiar a Gonzalo Caballero e a seguir traballando xuntos.

Rematou o acto o Secretario Xeral, Gonzalo Caballero, que recoñeceu que este era o acto máis oficial e máis querido de todos os feitos, que é un acto no que se implicou persoalmente, porque o Partido forma parte, dende a súa infancia, da súa vida política e vital. Recoñeceu que as veces as homenaxes chegan tarde, e que son todos os que están pero non están todos os que son, xa que os censos daquela época teñen erros, polo que fixo extensible a homenaxe e recoñecemento a todos aqueles que por unha ou otra razón non están hoxe aquí. Que é un acto para por en valor a traxectoria destes e destas compañeir@s, ejemplo vital de socialismo. Un socialismo e un partido, fundado por un galego, que tivo un papel fundamental nos cambios de este país, na Transición, que foi unha historia de éxito, e que debe seguir tendoo, cun novo proxecto para unha nova Galicia.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services