Á problemática da proliferación do Eucalipto

O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, ao abeiro do disposto na lexislación vixente e particularmente nos artigos 67 letra c); 117 letra a) e 118 do Regulamento Orgánico do Pleno e das súas Comisións, presenta para o seu debate e votación no Pleno do Concello de Pontevedra a seguinte moción, en relación á problemática da proliferación do Eucalipto

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Eucalipto rexistrou unha forte expansión en Galicia nas últimas décadas. Neste momento somos a Comunidade Autónoma con maior superficie de eucaliptais do Estado. No primeiro Inventario Forestal Nacional (1972-73), o eucalipto estaba presente nun total de 131.181 ha. No segundo Inventario, (1997-98) a superficie ocupada estendese as 396.344 ha o que supoñía nese momento o 28% da superficie arborada galega.

En vista dos datos provisionais dispoñibles, a finais do 2015 a superficie ocupada por eucaliptais podería achegarse as 500.000 ha.

Parte desta área é ocupada por eucaliptos fora de plantación, e dicir, asilvestrados ou ventureiros, que medran moitas veces despois dos incendios como acontece con outras especies pirófilas.

As plantacións de eucaliptos en Galicia supoñen mais da metade das existentes en todo o Estado e si falamos da península ibérica, localizase o 53% da superficie mundial de Eucalyptus globulus, mais que en toda Australia.

Así mesmo, nos últimos tempos unha nova especie de eucalipto, o Eucalyptus nitens veu a engadirse as plantacións, chegando a espazos antes vedados ao E. globulus, dada a súa maior resistencia ao frío

O aumento imparable do eucalipto relacionase co abandono agrario e co declive do medio rural galego. A falla dun modelo produtivo sustentable, multifuncional e socialmente inclusivo, fai que o destino dos montes e terras agrarias sexa o monocultivo, nomeadamente de eucalipto, substituíndo as frondosas autóctonas. E isto acontece ante a pasividade das administracións e o incumprimento das normas e que coa reforma do Plano Forestal de 1993 pretende fortalecer as plantacións de E. globulus e consolidar o E. Nitens.

A crecente inquedanza social pola imparable extensión do eucalipto fai precisa dunha reacción por parte da cidadanía galega e por suposto, da Xunta de Galicia e o Goberno do Estado.

A especie cobre xa o 17% do territorio galego mentres que en Portugal non chega ao 9%. A intensidade da ocupación da nos aterra é por tanto dupla que no país veciño. Este dato chama a atención non solo pola importante superficie que representa senón tamén porque de todos os estados europeos solo España e Portugal permiten o monocultivo desta arbore.

A expansión do eucalipto vese favorecida por un modelo de explotación do monte intensamente forestalista, que aposta pola produción de madeira con pouco valor engadido, ocupándose con novas especies como o E. nitens areas anteriormente vetadas ao E. globulus. A isto engádese que a desregulación do sector da biomasa trala derrogación do decreto 149/2008 está a ter un efecto chamada sobre os plantíos para queimar.

Tendo en conta que a Superficie Agraria Útil en Galicia é de 8,4 ha por explotación mentres que no estado chega ás 24,7, e que nos últimos anos desapareceron no noso país unhas 1.200

explotacións, estamos a falar de 10.000 ha que en grande parte teñen sido ocupadas polo eucalipto diante da pasividade da Xunta de Galicia.

As consecuencias destas políticas sobre o agro, o monte e a sociedade galega son catastróficas: Abandono do medio rural, empobrecemento da biodiversidade, perda de fertilidade, aumento da erosión, escaseza de auga, maior intensidade dos lumes forestais, perda no patrimonio arqueolóxico…

Conscientes da gravidade do problema e da necesidade de pararlle os pes ao eucalipto para garantir a biodiversidade e a persistencia dun mundo rural vivo, Proponse ao Pleno a aprobación do seguinte ACORDO:

1.- Esixir da Xunta de Galicia e deste concello nas competencias que lle correspondan, unha moratoria para novos plantíos de Eucalyptus: Ao igual que o ten feito Portugal, debería prohibirse a ocupación de novas terras con especies do xénero Eucalyptus, cando menos ata que se avalíen os impactos desta árbore sobre os ecosistemas naturais logo de 40 anos de monocultivo intensivo, se realice o inventario de masas de frondosas autóctonos e se redacte un novo Plano Forestal que ordene os aproveitamentos do monte con criterios de sustentabilidade. Ademais debería aplicarse estritamente a Lei de Montes para impedir a forestación de terras agrarias e os plantíos sobre hábitats de interese.

2.- Que a Xunta de Galicia, a Administración Xeral do Estado e o concello de Pontevedra consideren ao Eucalyptus nitens como unha especie exótica e invasora, perigosa para o mantemento da biodiversidade e a funcionalidade nos nosos ecosistemas en virtude da sentencia 00274/2014 da Sección Primeira da Sala do Contencioso Administrativo da Audiencia Nacional. Xa que logo, prohibir o seu cultivo en todo o territorio galego e poñer en marcha un plano de control e erradicación naquelas areas nas que xa estea presente. En consecuencia e tal e como ocorre con outras especies invasoras, Estado e Xunta deberian incluír a esta especie no catalogo e prohibir a súa plantación, trafego e aproveitamento para preservar a integridade do noso patrimonio natural.

3.- Que se poña freo aos cultivos enerxéticos no novo Plano Forestal. O aproveitamento da biomasa forestal con fins enerxéticos non pose ser un obxectivo en si mesma. Debe estar orientada á prevención dos incendios e a servir de apoio aos tratamentos silvícolas para producir un incremento dos volumes de madeira de alta calidade e favorecer a conservación dos ecosistemas forestais e as condiciona sanitarias dos bosques galegos. O aproveitamento da biomasa, consonte con estes criterios, debería reverter nas comunidades locais, como un complemento mais das iniciativas vencelladas ao territorio e non converterse en obxecto de especulación por parte das grandes corporacións. Neste senso, os denominados cultivos enerxéticos (plantar-queimar-plantar), deben estar ausentes das políticas agroforestais.

4.-Que a Xunta de Galicia leve a cabo o cumprimento estrito da lexislación para impedir a forestacion de terras agrarias e os plantíos sobre hábitats de interese: A prohibición de forestar as terras agrarias debera ser respectada aplicando as correspondentes sancións aos infractores. A administración debería iniciar un proceso de reversión, mesmo mediante a execución subsidiaria, para que as terras agrarias hoxe ocupadas por plantacións forestais retornaran ao seu uso orixinario. Esta iniciativa debería complementarse cun plano de ordenamento territorial e de orientación de cultivos para potenciar a mobilidade das terras e o correcto aproveitamento da superficie agraria útil. Amen resulta fundamental garantir o cumprimento das normas que impiden a substitución de carballeiras e doutro tipo de formacións e hábitats de interese por eucaliptais, revertendo as afeccións e restaurando as funcións ecolóxicas destes espazos

5.- Que a Xunta e o Estado establezan unha fiscalidade verde para o eucalipto.- O aproveitamento intensivo desta especie comporta o deterioro de servizos ecosistémicos que como a diversidade natural, a dispoñibilidade de auga, a fertilidade do solo ou a calidade paisaxística, son importante para a vida e o mantemento das actividades económicas da nosa sociedade. Os eucaliptais inciden tamén na maior frecuencia e intensidade dos lumes; na contaminación de terras, rios e rías con agroquímicos e subprodutos das celulosas, no empobrecemento da biodiversidade e no avanzo da erosión, provocando perdas económicas directas. Tamén o eucalipto contribúe a fosilizar importantes cantidades de recursos públicos: o PLADIGA (Plano de loita contra o lume) custa anualmente mais de 150 millóns de euros. En consecuencia, o aproveitamento do eucalipto debera estar gravado cun imposto que contribuira a reverter os danos que provoca no medio e as perdas económicas que este modelo causa á sociedade. 

6.- Que o concello de Pontevedra e a Xunta leven a cabo a promoción dos aproveitamentos sustentábeis e da conservación dos bosques naturais.- Apostando por aproveitamentos que repercuten na multifuncionalidade do monte e baseados na utilización das especies autóctonas deben primarse con incentivos, mesmo se ter unha fin produtiva. Os nosos bosques naturais prestan un importante servizo á sociedade, polo que semella lóxico que esta repercuta parto dos beneficios a aquelas comunidades e propietarios/as que apostan pola súa conservación. Considerar, consecuentemente, que a certificación forestal baixo o selo FSC non debe atinxir as plantacións de eucalipto porque nelas non se promove unha xestión forestal ambientalmente responsable. 

7.- Que a Xunta de Galicia prohiba as novas plantacións e a repoboación con especies de xénero Eucalyptus nos espazo pertencentes á Rede Galega de Espazos Protexidos (RGEP).- Así como naquelas áreas con presenza de hábitats e especies incluídas na Directiva 92/43 CE.3.

 8.- A eliminación de eucaliptos ventureiros ou asilvestrados fóra de plantación, en virtude do artigo 52.2 da Lei 42/2007 de 13 de decembro do Patrimonio Natural e da Biodiversidade e do RD 630/2013 de 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras, a tenor da Disposición Adicional Segund

 

Pontevedra, 7 de agosto de 2017

Asdo: Grupo Municipal Socialista

 

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services