Á Mesa do Parlamento: Preguntas Do Grupo Parlamentario Socialista Sobre ELNOSA

Patricia Vilán

Patricia Vilán Lorenzo, Raúl Fernández Fernández e María Luisa Pierres López, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión 2.a, Ordenación Territorial, Obras Públicas Medio Ambiente e Servizos.

Dende finais dos anos sesenta, Elnosa ocupa unha importante superficie na marxe esquerda da ría de Pontevedra, entre os municipios de Pontevedra e Marín, en concreto, son 12.587 metros cadrados, parcela resultante da concesión administrativa.

Raúl Fernández

No ano 2011, o que fora conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sinalaba como tempo límite para Elnosa o día 7 de xaneiro de 2014 mediante a renovación da súa autorización ambiental integrada (AAI). O feito é que as empresas electroquímicas están

 

Agora resulta que o 11 de decembro será o último día no que Elnosa poderá utilizar mercurio para producir cloro en Lourizán por orde da UE e así o ten comunicado a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que a AAI non se podería prorrogar se Elnosa continúa elaborando cloro con mercurio.

O curioso de todo isto é que, polo momento, a Dirección Xeral de Costas non ten ofrecido información sobre a prórroga para permanecer nos terreos de Lourizán.

María Luisa Pierres

Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as seguintes preguntas para a súa resposta escrita:

1. Coincide o Goberno galego no 11 de decembro de 2017 como data límite para a empresa Elnosa en Lourizán (Pontevedra)?

2.Vai prorrogar a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a AAI para Elnosa?

3. Vai esixir a consellería o traslado da factoría a outra situación?
4.Ten recibido o Goberno galego algunha resolución da Dirección Xeral de Costas sobre a prórroga a Elnosa para permanecer nos

terreos de Lourizán?

Pazo do Parlamento, 2 de agosto de 2017

Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo Raúl Fernández Fernández María Luisa Pierres López

Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services