Á Mesa do Parlamento: pregunta para súa resposta oral

Patricia Vilán Lorenzo, Raúl Fernández Fernández e María Luisa Pierres López, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para súa resposta oral en Comisión 2.a, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.

Por resolución de Augas de Galicia, do 20 de setembro de 2002, foille concedida a Ence autorización de vertidos a través dun emisario submarino. Ocorre que este emisario submarino carece de permiso de concesión para a ocupación do dominio público, segundo consta en informes emitidos polo Servicio Provincial e a Dirección General de Costas del Estado. Con posterioridade, en data 9 de xullo de 2003, esta autorización foi renovada pola Xunta de Galicia, a pesares da súa manifesta irregularidade.

O propio informe sobre o proxecto de emisario submarino para a marxe esquerda da ría de Pontevedra, do 19 de novembro de 1991 -en concreto, nas súas páxinas 1 e 2- establecera expresamente o seguinte: “Previamente a la autorización de vertido por esa Comunidad Autónoma (la cual deberá ser notificada a este Ministerio en aplicación del artículo 209.2 del Reglamento de Costas), deberá ser otorgada por este Ministerio de Obras Públicas y Transportes la correspondiente concesión de ocupación del dominio público marítimo terrestre (…)”

Polo tanto, deste informe é posible deducir, como feitos indiscutibles:

  1. Que o emisario submarino necesita previa concesión administrativa para a ocupación do dominio público marítimo-terrestre.
  2. Que non a ten.
  3. Que a autorización de vertidos non se pode outorgar mentres non exista esa concesión administrativa previa e preceptiva.

    Non obstante, segundo verbas da propia conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a prioridade do seu departamento é a construción dun novo emisario submarino na ría de Pontevedra, cunhas actuacións que comezarían de inmediato (segundo dixo), aínda que parece que só hai (de momento) un deseño.

    Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

    1. Entende o Goberno galego que calquera emisario submarino necesita concesión administrativa previa para a ocupación do dominio público marítimo-terrestre?
    2. Que ten que dicir o Goberno galego ao feito de que o emisario submarino instalado na ría de Pontevedra (que derivará vertidos) carece de permiso de concesión para a ocupación do dominio público?
    3. Entende o Goberno galego que calquera autorización de vertidos non se pode outorgar mentres non exista esa concesión administrativa previa e preceptiva?
    4. Unha nova construción dun novo emisario submarino na ría de Pontevedra ten ou terá previa concesión administrativa para a ocupación do dominio público marítimo – terrestre?

    Pazo do Parlamento, 4 de xaneiro de 2017

    Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo Raúl Fernández Fernández María Luisa Pierres López

    Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services