Á Mesa do Parlamento: O Barrio de Mollabao
Patricia Vilán Lorenzo, María Luisa Pierres López e Raúl Fernández Fernández, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión 2.a, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.
O barrio de Mollabao, a menos dun quilómetro do centro da cidade de Pontevedra, presenta un estado de abandono tal que provoca queixas reiteradas dos veciños e veciñas: deficiencias na limpeza, invasión das beirarrúas pola maleza, abandono das pistas deportivas ou escaseza de contedores de lixo son algunhas desas queixas, pero tamén a velocidade inapropiada de moitos/as condutores/as e, sobre todo, o ruído excesivo provocado polo paso continuo de vehículos a gran velocidade pola ponte da AP-9.
Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:
- Ten coñecemento o Goberno galego dos problemas de abandono no barrio de Mollabao, en Pontevedra?
- Vai esixir o Goberno galego ao Ministerio de Fomento a adopción de diversas solucións técnicas -como redución da velocidade, pantallas acústicas ou novas xuntas de dilatación- e que permitan reducir o ruído provocado polo paso de vehículos a gran velocidade sobre a ponte da AP-9 e que incide nos veciños e veciñas do barrio?
- Vai arranxar o Goberno galego as eivas que existen na estrada PO- 546, que pasa polo barrio de Mollabao?
- Vai autorizar o Goberno galego ao Concello de Pontevedra que poida acometer de xeito inmediato obras urxentes de calmado de tráfico na PO-546?
- Vai mellorar o Goberno galego a mobilidade peonil e ciclista en toda a PO-546, instalando, como mínimo, pasos sobreelevados que reduzan a velocidade máxima real a 30 quilómetros/h e diminuíndo o ancho da calzada para ensanchar as beirarrúas e crear novos espazos que permitan a mobilidade sostible en condicións de seguridade?
-
Ten intención o Goberno galego de ceder a estrada PO-546 ao Concello de Pontevedra?
Pazo do Parlamento, 3 de maio de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo María Luisa Pierres López Raúl Fernández Fernández
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia



