A loita pola Igualdade, obxectivo  prioritario e irrenunciable para o PSdeG-PSOE.

20190621-foto-declaracions-igualdade-web“A igualdade é o eixo sobre o que xiran todas as políticas do Partido Socialista. Non é posible entender o socialismo  sen  esa loita continua pola igualdade en todos os seus  términos”. Deste xeito comenzou a súa comparecencia Patricia Vilán, candidata do PSdeG-PSOE ao Parlamento de Galicia.

A partir de esa concepción o PSOE  formula as políticas de igualdade como unha cuestión transversal. “Non se trata de acadar unha igualdade en abstracto, ou nunha determinada área, senón de loitar pola igualdade real en todos os ámbitos da vida”, sinalou Vilan.

Só cun programa transversal, que afecte a todos e cada un dos apartados e áreas de goberno, con medidas detalladas, concretas e asumibles, poderemos avanzar no noso obxectivo: “alcanzar a igualdade, a paridade, o equilibrio e a corresponsabilidade”.

Ante a situación actual das mulleres a primeira medida dos socialistas neste ámbito será a de impulsar unha Rede Galega de Emerxencia para Mulleres, no que as mulleres en situación precaria teñan un lugar ao que acudir ante calquera dos seguintes casos: nai solteira en situación de emerxencia socioeconómica, muller maltratada, nai traballadora precaria e nai desempregada de longa duración.

O PSdeG comprométese, dentro das competencias que ten en sanidade, a garantir a aplicación da Lei de 2010 de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo. “Para o PSdeG, defender o dereito á maternidade é facelo tanto cando se quere ser nai como cando non se quere ser”, indicou Patricia Vilán

Os socialistas seremos garantes de que calquera muller poida acceder aos tratamentos de reprodución asistida públicos, con independencia da súa condición sexual, o seu estado civil ou situación vital e, sempre que así o indiquen os informes médicos previos correspondentes.

Hai que levar a Igualdade a educación mediante un plan de formación en igualdade para o profesorado e o alumnado, que se aplique e desenvolva de forma continuada e en función das necesidades propias de cada centro/territorio. “E, por suposto, se procederá a retirar todo tipo de axuda pública e subvención aos centros escolares que segreguen por sexo”, continuou dicindo a candidat socialista.

Os socialistas comprometemos o desenvolvemento dun Plan de Emprego Feminino, que teña especial incidencia na mellora do emprego nos sectores nos que as mulleres desenvolveron tradicionalmente a súa actividade –como, por exemplo, o agrario e o relacionado cos coidados e atención a dependentes, recuperando o salario que establecía a Lei de Dependencia para a figura do coidador ou coidadora–, e na potenciación de xacementos de emprego, como os vinculados á cultura e ás novas tecnoloxías.

“Ainda que queda moito por facer o importante é que os Socialistas temos respostas novas para avanzar cara ao obxectivo da Igualdade”, rematou dicindo Patricia Vilan.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services