A Concellería socialista de Promoción Económica prepara a inauguración do espazo gastronómico da Praza e a de Deportes presenta o Campionato de Piragüismo Sprint

Dende a concellería socialista de Promoción Económica estase traballando a reo para desatascar a situación na que se atopaban as obras no novo espazo gastronómico da primeira planta da Praza de Abastos, que se denominará “O Mercado”, a fin de que poida estar en funcionamento antes da Semana Grande das Peregrinas. Como indicou a compañeira Gloria “Yoya” Blanco, a apertura terá lugar antes do 10 de agosto, “o Concello está rematando as obras relacionadas co desaugadoiro” e as empresas concesionarias “xa están acondicionando os postos”.

As xestións da nova concelleira permitiron resolver algúns contratempos, como a falta de potencia eléctrica, pero non se pode ir máis rápido xa que “a obra estase facendo só pola tarde para non molestar a actividade das praceiras”. Precisamente esta semana Yoya reunirase coas empresas concesionarias para precisar a data de inauguración.

O “Mercado”, que contará con 21 espazos gastronómicos, será xestionado por doce empresas galegas, entre os que haberá unha “Merluzoteca” e unha “Polboteca”, ademais da cervexa artesá de Cervezas Nassa, a comida casera de Comida galega, entre outras ofertas, no que será unha aposta clara polo emprendemento e o apoio a empresa galega.

Con esta obra Pontevedra se sumará a propostas similares como a que xa existe no mercado de Santiago de Compostela, mellorando a súa oferta turística e dando un valor engadido a nosa praza de Abastos. Estúdase tamén a posibilidade de reservar superficie para actividades infantís, dado o éxito dos obradoiros infantís de gastronomía que “O Ganapán” ven celebrando, precisamente, nesta zona do Mercado.

Tino Fernández presenta o “Campeonato de España de Jóvenes Promesas de Piragüismo Sprint.

O concelleiro socialista de Deportes presentou este martes o “Campeonato de España de Jóvenes Promesas de Piragüismo Sprint”, que terá lugar entre os días 26 e 28 de xullo no embalse do Pontillón do Castro, en Verducido.

No evento, que dará comezo o sábado ás 9 horas, participarán 932 deportistas, o que suporá, como informou o compañeiro Tino, un récord de participación que converterá a Pontevedra, unha semana máis, na capital do deporte.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services