A concellería socialista de Promoción Económica e Turismo promociona a cidade a través da ollada dos máis pequenos

A concellería socialista de Promoción Económica, xestionada pola compañeira Gloria “Yoya” Blanco, coa intención de dar “continuidade á exposición da praza de Ourense, A cidade en imaxes”, editará un catálogo no que irán máis alá, cunha publicación “diferente”, xa que serán rapaces e rapazas quen farán as fotos, cun “formato de postal que mostrará espazos diversos da capital”. Serán os propios nenos e nenas os que mostrarán “a nosa cidade, unha cidade aberta que desfrutan os rapaces”, indicou a concelleira, que engadiu que “hai lugares emblemáticos de Pontevedra, pero máis alá do que é o santuario da Peregrina ou da Alameda. Temos a nenos facendo fotos do mercado municipal ou da ponte de Santiago cunha piragua. É algo tipicamente pontevedrés”.

A elección deste formato non é casual, tal e como recoñeceu Ana Barreiro, de Taller Abierto. Así, tras incidir en que “non por máis grande é mellor a publicación”, destacou que se trata de algo “manexable”, pois “o formato postal permite dous tipos de tiradas. Unha como catálogo do proxecto en si e outra do que serían as postais coas fotografías da nosa cidade feitas polos protagonistas deste proxecto, que son os nenos”. Barreiro coincidiu con Yoya en que as imaxes amosan “cousas nas que non nos fixamos os adultos, pero nas que os nenos si que poñen a vista neses puntos”.

O catálogo, segundo expuxo África Martínez Barreiro, se complementará, ademais, con imaxes dos propios nenos tomando as fotos que ilustran esta publicación.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services