A Concellería socialista de Igualdade promove a equidade en dereitos do colectivo LGTBI

Un dos puntos principais do noso programa electoral para o Concello de Pontevedra foi o de seguir avanzando na igualdade e nos dereitos do colectivo LGTBI, para o cal contamos ademais na nosa candidatura coa activista Ada Otero, que soubo, mellor que ninguén, achegarnos as necesidades do colectivo. Por todo elo, este martes 25 de xuño, a concelleira socialista de Igualdade, Paloma Castro, presentou na Casa Consistorial unha iniciativa pola cal o balcón do Concello luce as cores da bandeira LGTBI. Ó acto acudiron tamén membros dos colectivos Avante e Arelas.

A compañeira concelleira manifestou que “Queremos unha Pontevedra que abrace todas as cores do arco da vella da diversidade” e explicou que este novo goberno local, no que os socialistas serán fundamentais para avanzar en dereitos e en igualdade, ten como obxectivo “que todo o mundo poida expresar a súa orientación sexual en liberdade”, rexeitando calquera tipo de actitude que non respecte a diversidade. “Pontevedra ten que dar un paso adiante”, e para elo os socialista impulsarán “políticas que sensibilicen e que conciencien á xente sobre Igualdade”.

Recollendo a invitación á cidadanía da nosa compañeira Paloma Castro, dende a Agrupación Socialista de Pontevedra animamos a tódolos militantes e ós veciños e veciñas de Pontevedra a participar na concentración convocada para o vindeiro venres, ás oito da tarde na praza da Peregrina, con motivo do Día do Orgullo LGTBI.

Porque Pontevedra é de todos e de todas.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services