A concellería socialista de Educación estuda incrementar a inversión dos comedores escolares

O concelleiro socialista de Educación, Tino Fernández, se comprometeu a estudar o aumento dos 210.000 euros anuais que o Concello destina ó convenio coa Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos, Fanpa Pontevedra, para financiar os comedores escolares e o Plan Madruga, tras escoitar a este colectivo no encontro que mantivo cos seus representantes.

Durante a reunión, na que participaron, ademais de Tino, dos técnicas municipais e o presidente e o vicepresidente da Fanpa, Rogelio Carballo e Ángel Sánchez, o noso compañeiro lembrou que este convenio é un acordo de colaboración “esencial” para a comunidade educativa e que dado que o derradeiro convenio que se asinou data do ano 2014, polo que xa se esgotaron os catro anos de prórroga que concede a lexislación, sen que se producira ningún tipo de modificación do mesmo, é hora de avanzar e renovar o compromiso do Concello.

O novo convenio que se asine, grazas o inicio das negociacións que se produciron nesta reunión, incluiría tanto a porcentaxe que achega a Concellería de Educación para o funcionamento e xestión de comedores escolares en 18 centro educativos de Pontevedra, como a subvención de actividades organizadas e desenvoltas pola Fanpa.

O compañeiro Tino subliñou que as conversacións terán continuidade durante as vindeiras semanas, coa finalidade de “achegar e equilibrar posturas” e de pechar un “bo convenio” para o conxunto da comunidade educativa.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services