A concellería socialista de Desenvolvemento sostible e Medio natural recupera a dignidade dos xardíns da cidade

Despois de meses de abandono, por parte do Concello, das zonas axardinadas da cidade de Pontevedra, e dada a necesidade de recuperar a imaxe do noso municipio agora que se acerca o verano e a época de turismo, o concelleiro socialista de Desenvolvemento sostible e Medio Natural, Ivan Puentes, acaba de por en marcha un plan de choque urxente para ir repoñendo a dignidade das nosas zonas verdes.

Estes traballos iniciáronse fai uns días coa mediana de Montero Ríos e a Praza da Estrela. Tamén se fixeron tarefas de floricultura e limpeza en Valentín García Escudero (restos arqueolóxicos da Ponte do Burgo), Peirao, Concepción Arenal e nos xardíns do Chalet de Fontoira. Nestes intres estase esperando un permiso de Patrimonio para poder realizar unha operación similar na zona do Campillo, nos restos da muralla.

En canto se finalicen estes cometidos se procederá a instalar uns bancos ó final da rúa de Joaquín Costa, labor que xa está en mans da brigada municipal, e que levan meses sendo solicitados polos veciños do barrio.

A isto lle seguirá a limpeza e axardinamento de Santa Teresa de Jesús Jornet (na zona de A Parda), obra que xa está contratada. Con estas actuacións, os socialistas poñemos en marcha a mellora dos barrios, como recolle o noso programa, cumprindo así o compromiso cos nosos veciños e veciñas.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services