A Concellería socialista de Deportes promociona o deporte base coa cuarta edición da Mini BTT

O concelleiro socialista de Deportes, Tino Fernández presentou a cuarta edición da Mini BTT da Comunidade de Montes da parroquia de Salcedo, onde o vindeiro domingo 28 de xullo se vivirá unha xornada de exaltación da bicicleta e o deporte de base.

A proba deportiva, unha clásica carreira de bicicleta de montaña que é a máis importante do calendario nesta categoría, estará organizada polo “Club Ciclista Farto” coa colaboración do Concello, e reunirá a 420 mozos e mozas deportistas, de entre 4 e 14 anos, chegados dende diferentes puntos da xeografía galega.

“Queremos que este tipo de eventos sexan estratéxicos”, “dado que permiten xerar hábitos de vida saudables entre os máis pequenos”,  sinalou o compañeiro Tino, que estivo acompañado polo presidente da Federación Galega de Ciclismo, Carlos Muñiz, así como do monitor de “Farto”, Francisco Lozano.

Con esta actividade, que dará comezo ás 11:00 horas nos terreos do antigo campo de tiro da Brilat, e que se suma a de piragüismo que terá lugar este fin de semana no Pontillón do Castro, o PSde-PSOE de Pontevedra pon de manifesto o seu interese pola promoción do deporte base, o que practicamos a maioría dos cidadáns e que repercute favorablemente na saúde de todos e todas, de aí a súa importancia e que os socialistas poñamos nel o foco, como xa indicamos no noso programa electoral, favorecendo, de paso, outra das nosas preocupacións, as actuacións nas parroquias. Porque se goberna con feitos, non con promesas.

Facebooktwitterpinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services