A concellería socialista de Deportes atalla o problema económico dos clubs deportivos de Pontevedra

A concellería socialista de Deportes, xestionada polo Tenente de Alcalde, Tino Fernández, porá ó día ó deporte pontevedrés no que respecta ás axudas comprometidas, cumprindo así cunha das nosas propostas, xa que o retraso no seu pago supuxo un auténtico trastorno ós clubs deportivos de Pontevedra, especialmente ós máis necesitados e ó deporte base.

A concellería destinará uns 505.000 euros para subvencións e convenios deportivos, así como para o financiamento de eventos deportivos. Deste xeito, intentarase que os clubs estean ó día antes de rematar o ano. Dese medio millón, o redor de 300.000 euros se corresponden coa liña de subvención directa os clubs do municipio para a tempada 2018/2019. Ademais 100.000 euros serán destinados a un convenio coa Federación Española de Triatlón para a celebración na cidade do Pro Tour, o vindeiro mes de outubro, e outros 80.000 euros para costear eventos de nivel local e autonómico. Pontevedra recupera así a aposta polo deporte.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services