A Concellería socialista de Benestar Social traballa para a creación dunha nova residencia de maiores

A Concelleira socialista de Benestar Social, Paloma Castro, mantivo un encontro coa Conselleira de Política Social, Fabiola García, na que tamén estivo presente o alcalde, con respecto á construción dunha nova residencia de maiores na cidade, que se localizará na zona de A Parda.

O novo equipamento terá 120 prazas e suporá unha inversión superior ós 10 millóns de euros. Xa está en marcha o anteproxecto, aínda que non se poden pechar os prazos para a súa construción. A concellería xa puxo en marcha o trámite administrativo para o cambio da súa cualificación urbanística, que deberá pasar de dotacional educativa a dotacional sociosanitaria.

A parcela en cuestión xa está a disposición de Patrimonio da Xunta de Galicia e xa estaba considerada como equipamento porque no seu día o Concello a ofrecera á Administración autonómica para a construción dun novo edificio para o Carlos Oroza. A localización elixida é, ademais, moi boa, xa que está preto do centro de saúde de A Parda, unha zona “interxeneracional” que vai ter un parque e un espazo deportivo.

A futura residencia suporá a segunda que terá a cidade despois da actual de Campolongo, e ven a cubrir unha necesidade cada vez máis demandada nunha sociedade cada día máis envellecida. Namentres se realicen as xestións administrativas e se redacte e licite o proxecto, o espazo seguirá utilizándose como estacionamento disuasorio; tralo cal se habilitará outro espazo coa mesma finalidade, pois dende o grupo municipal socialista somos conscientes da necesidade de aparcamento gratuíto na cidade. Así o manifestou un veciño de Monteporreiro durante a visita, indicando que non se podían eliminar prazas de estacionamento, xa que as veces, cando se vai o médico non hai onde aparcar. De aí que os socialistas defendamos un parking gratuíto no novo hospital de Montecelo, pois forma parte do servizo asistencial que a sanidade debe prestar.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services