A concellería socialista de Benestar Social da traballo a 30 mulleres e a de Parques e Xardíns recupera a imaxe das Palmeiras

A concellería socialista de Benestar Social do concello de Pontevedra, xestionada pola compañeira Paloma Castro, ha iniciado un proceso de selección e formación para cubrir 40 postos de traballo na empresa Atunlo, de O Grove. Este programa permitiu xa a contratación de 30 mulleres en exclusión social por un período dun mes, coa posibilidade de ampliar a contratación en función do rendemento laboral. A empresa incluso contempla a opción de incrementar os postos de traballo ata chegar ós 75.

O proceso comezou cunha preselección de persoas que cumprían os requisitos demandados por Atunlo, unha fábrica na que se producen lombos de atún precocido destinados á elaboración de conservas. Trala preselección levouse a cabo unha xornada formativa, na que participaron preto de 80 persoas. E posteriormente tivo lugar a selección definitiva das 30 persoas que estaban interesadas en acceder o citado posto de traballo e que superaran con éxito o programa. As seleccionadas foron contratadas a media xornada e xa empezaron a traballar o pasado sábado.

A nosa compañeira Paloma destacou importancia deste contrato, “pola incorporación de persoas en risco de exclusión ó engrenaxe do mercado laboral e, especialmente, por tratr5se de mulleres que forman parte do sector máis precarizado e desprotexido”. Entre as funcións da concellería, destacan a procura de emprego para persoas en risco de exclusión social.

Pola súa parte, a concellería socialista de Parques e xardíns, da que se encarga o compañeiro Ivan Puentes, tras comezar a solucionar os problemas de abandono cos que se atopou nos xardíns de As Palmeras e a estudar como mellorar o servizo, está xa traballando na construción dun novo parque infantil en Médico Ballina, como solicitaran os veciños do barrio.

A nova infraestrutura instalarase sobre a cuberta do túnel do tren, na marxe dereita da rúa Médico Ballina e ocupará unha parcela de 1.200 metros cadrados, onde haberá espazo para as zonas de ocio infantil e tamén para a estancia e esparexemento de pais e nais. Na entrada ó parque haberá bancos, papeleiras, mesas con xogos, como o pinpong e unha fonte adaptada para xente con mobilidade reducida.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services