A concellería socialista de Benestar Social colabora con RedeAxuda para mellorar a atención ós colectivos máis necesitados.

A concelleira socialista de Benestar Social, Paloma Castro, mantivo este martes un encontro cos colectivos que forman parte de “RedeAxuda”, no que se falou das medidas a implementar para axudar á comunidade venezolana que está chegando a nosa cidade por causa da inestabilidade política que vive o seu país. Neste senso, decidiuse buscar fórmulas de colaboración para ofrecer asesoría xurídica e administrativa ó colectivo, de tal xeito que se lles facilite a súa adaptación.

Segundo sinalou a nosa compañeira, aínda que as asociacións lle transmitiron que a situación das familias de Pontevedra mellorou con respecto ós anos de crise, “o número de inmigrantes que proveñen de Venezuela aumenta cada vez máis e, na maior parte dos casos, tardan ata dez meses en obter os seus papeis, non pudendo traballar legalmente mentres esperan por eles”.

Na reunión cos colectivos de RedeAxuda, que supón un primeiro contacto que a concellería espera ir regularizando, mellorando a relación do Concello coas asociacións e atendendo as súas necesidades, estiveron presentes portavoces de Cáritas, Fundación Amigos de Galicia, Calor y Café, Fundación Secretariado Xitano, Club de Leones, Rexurdir e Fundación Meniños.

Con estas reunións as e os socialistas imos cumprindo co noso programa, recuperando a comunicación co tecido asociativo e prestando especial atención ós colectivos que atenden ós máis necesitados, esquecidos durante estes últimos catro anos. A solidariedade está no noso ADN e a atención dos emigrantes que foxen dos seus países, moitos deles fillos de galegos, e unha responsabilidade que debemos atender, e máis se cabe pola deferencia que estes tiveron cos nosos emigrantes cando fomos nós os que tivemos que abandonar a nosa terra por razóns políticas ou pola falta de oportunidades.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services