A concelleira socialista de Promoción Económica reúnese co Reitor da Universidade

Este xoves, 20 de xuño, a nosa compañeira e Concelleira responsable da área de Universidade, Gloria “Yoya” Blanco, mantivo unha reunión co Reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o Vicerreitor, Jorge Soto, na que abordaron a necesidade de novos espazos que permitan crecer a universidade na nosa cidade, ante o obxectivo de ampliar a oferta académica do campus. Para elo, analizáronse as posibilidades de edificación nos terreos que a universidade ten na cidade, coa intención de ampliar a oferta de grados unha vez se abra de novo o mapa de titulacións no sistema universitario galego, xa que o Reitor confirmou a aposta da Universidade polo grao de Deseño e Creación, que se proxecta implantar no Campus no curso 2020-2021, así como o impulso e o desenvolvemento do proxecto “Green Campus”.

Unha das parcelas á considerar é a que se atopa xunto ó río Lérez, na que se proxectara construír o “Edificio das Artes”, pero na que o Concello creou un aparcamento disuasorio de forma provisional, que pode recuperarse para por en marcha actuacións destinadas a fomentar novas titulacións que acheguen estudantes a Pontevedra, con todo o que iso supón para o crecemento da cidade.

Os responsables da institución académica incidiron, neste encontro, en que Pontevedra é o único Campus que conta en España coa bandeira que outorga a Foundation for Environmental Education, a través da asociación ADEAC, polo que solicitaron a colaboración do Concello para, entre outras cousas, diminuír o ruído na avenida de Compostela.

Solicitaron, ademais, unha mellor sinalización do campus, así como a posibilidade de abrir este espazo ó río Lérez, empregando o canal da Illa das Esculturas para instalar un embarcadoiro que poida empregarse para deportes náuticos.

Con esta reunión a concelleira socialista corresponde ó prometido nos contactos que membros da Agrupación Socialista tiveran xa, con anterioridade, cos responsables da Universidade, e que espéranse sexan moi produtivos no futuro, asegurándose que se manterán novas reunións bilaterais dirixidas a mellorar a oferta educativa da cidade e con elo, a súa promoción, tanto económica como cultural.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services