A concelleira socialista de Promoción Económica escoita ós desempregados

A concelleira socialista de Promoción Económica, Gloria “Yoya” Blanco, tivo este venres unha nova reunión, dentro da rolda de encontros que está a por en marcha para reactivar a súa área de goberno. Nesta ocasión recibiu, na Casa da Luz de Pontevedra ós representantes da asociación de Vítimas do Paro, un colectivo que centra as súas reivindicacións en demandar subsidios e, sobre todo, axuda ó emprendemento para o colectivo de desempregados senior (maiores de 52 anos).

Esta reunión era moi importante para a Agrupación Socialista, xa que, como recoñeceu a nosa concelleira, o PSdeG-PSOE “lle da prioridade absoluta ó emprego” e é un dos problemas ó que lle vai a dedicar máis esforzos, xa que, xunto ó medio ambiente e o desenvolvemento sostible, “forma parte do ADN do noso partido”.

Recentemente aterrada no cargo, aínda ten que estudar a situación, pero si considerou que as demandas expostas pola asociación son “factibles” e que as trasladará tamén ó noso concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes.

Os representantes da asociación manifestaron unha queixa que xa entregaron tamén á Valedora do Pobo, na que poñen de relevo a falta de apoios da Xunta de Galicia ós proxectos de emprendemento senior e desenvolvemento de economía circular, polo que a nosa concelleira se comprometeu tamén a facerlle chegar esta demanda ós compañeiros deputados no Parlamento de Galicia para que fagan chegar as súas reivindicacións á Xunta. Vicente Vázquez, representante en Galicia da asociación, trasladoulle tamén outras demandas e propostas encamiñadas a fomentar a creación de emprego a través do emprendemento senior en la nueva bioeconomía, consistente nunha esfera de actividades que están relacionadas con producir produtos e a súa transformación a través dos seres vivos. Así mesmo, expuxeron que dende fai moitos anos se ven facendo en Galicia cultivo de horta ecolóxica, e hoxe en día estes produtos estanse valorando cada vez máis no mercado, de modo que pode ser unha boa oportunidade de emprendemento. Outras opcións pasaría polo desenvolvemento local a través da biodiversidade forestal, a utilización de recursos marítimos ou a bioenerxía dos recursos gandeiros.

Pese a que a administración local ten limitacións para por en marcha políticas en materia de emprego, xa que son competencia da Xunta de Galicia ou do Goberno Central, a nosa edil comprometeuse a que dende a súa concellería se “vai facer todo o posible para axudar”, e moi especialmente a un colectivo como o dos cidadáns maiores de 52 anos.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services