A Concelleira socialista de Igualdade e Benestar, inicia unha ofensiva contra a cesión dun local público á asociación antiabortista Red Madre

A concelleira socialista de Igualdade e Benestar de Pontevedra, Paloma Castro, anunciou que porá en marcha unha “ofensiva municipal” para impedir que a Xunta de Galicia ceda un local do recentemente reformado edificio administrativo de Benito Corbal á antiabortista Fundación Red Madre.

A compañeira Paloma mostrou a súa indignación pola decisión da Xunta de ceder un dos locais públicos deste edificio do goberno galego a esta entidade, considerando “vergonzoso” que se ceda un espazo público financiado cos recursos de todos a organizacións “integristas e partidarias que atentan contra os dereitos e a liberdade das mulleres”.

Ademais, Paloma cuestionou que se dea un espazo a esta entidade, deixando fora a outras que promoven o coñecemento científico, o deporte ou a loita contra o cambio climático, como Greenpeace, o Club Baloncesto Estudiantes ou a Asociación Astronómica Sirio; colectivos que teñen moita máis presenza e pegada na cidade.

A intención de Paloma Castro é impedir que a Xunta destine locais e recursos públicos a entidades que atenten contra os principios constitucionais de liberdade e igualdade de toda a cidadanía, fundamentalmente no referente á discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión e opinión; liberdades constitucionais que asegura que “non respecta nin promove a Fundación Red Madre”.

As críticas da nosa compañeira van dirixidas ó presidente e o vicepresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda,  dada a manifesta vinculación de Red Madre co PP. Así, considera que esta entidade é “un instrumento ideolóxico da ala máis ultra do Partido Popular”.

En relación con esta consideración, insiste en que entre os seus padróns figuran políticos do PP como o ex ministro de Justicia Alberto Ruiz Gallardón o Adolfo Suarez Illana (de quen son de sobra coñecidas as súas polémicas declaracións sobre o aborto), así como membros doutra coñecida organización antiabortista, o Foro de la Familia.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services