A Concelleira Socialista de Benestar Social pon en marcha a Plataforma de Intercambio de Libros Escolares

A Concelleira socialista de Benestar Social, Paloma Castro, coincidindo co final do curso escolar, pon en marcha a Plataforma de Intercambio de Libros: trocalibros.pontevedra.gal, coa cal as familias con fillos escolarizados en centros de ensinanza de Pontevedra pódense por en contacto para intercambiar os seus manuais de textos que aínda estean operativos no curso 2019-2010.

Unha plataforma que permitirá que as familias, tras facerse usuarios, poidan ofrecer libros e solicitalos, facilitando o sistema o contacto entre ambas partes. O éxito do sistema dependerá da achega das familias, cantos máis libros máis opcións. A condición para participar é que se trate de escolares que estean cursando estudos en centros educativos da cidade (dende terceiro de primaria ata segundo de bacharelato) e que os libros estean en bo estado (o intercambio é gratuíto).

A nosa compañeira, Paloma Castro, aposta por promover un espazo colaborativo que contribúa a xerar un modelo de desenvolvemento sostible dende a perspectiva económica, ecolóxica e social, xa que “este é o obxectivo deste proxecto de reutilización dos libros de texto, que ademais pretende dar resposta no ámbito educativo ás familias pontevedresas que se atopan nunha situación difícil”.

A recuperación da concellería de Benestar Social, de novo en mans socialistas, suporá o impulso dunha área que estes catro anos non tivo a preponderancia que debía ter, garantindo a igualdade ós máis necesitados. Por elo, como manifestou a nosa concelleira, “dende Benestar queremos impulsar o proxecto do Trocalibros, coa fin de prolongar a vida dos manuais, transmitindo valores de respecto e coidado cara o material escolar ou a solidariedade”. Retómase así, tamén, unha política defendida polos socialistas, a da gratuidade dos libros.

A novidade da iniciativa, incluso a nivel estatal, fai necesaria a colaboración das familias, así como calquera achega ou opinión que axude a mellorar o servizo de cara a próximos anos, para o cal poderán facer chegar as súas suxerencias a través do e-mail de contacto da Plataforma.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services