A concelleira socialista de Benestar Animal axiliza o pago da subvención á protectora “Os Palleiros”

Este mércores a concelleira socialista de Benestar Animal, Paloma Castro, reuniuse coa xunta directiva da protectora de animais “Os Palleiros”, ante o problema do retraso que se estaba a dar no cobro da subvención anual que o Concello lles ten asignado. O encontro tamén se sumou o compañeiro Tino Fernández, que acudiu como alcalde en funcións.

A posta ó día das novas concellerías socialistas no goberno local e as reunións que os nosos compañeiros están a ter cos funcionarios do Concello, está a destapar moitos problemas sen resolver como o abandono dos traballos de coidado das Palmeras ou a falta de pago de subvencións. Cuestións que preocupan ós socialistas e que estamos procurando emendar no menor tempo posible para beneficio dos cidadáns. Unha destas dificultades e a que se atopou a compañeira Paloma con respecto á protectora, que como ela mesmo explicou, se trata dun contratempo que “xurdiu porque coa nova Lei de Contratos o convenio que había non se puido renovar en xaneiro e se tivo que cambiar por unha subvención anual”.

Paloma Castro tranquilizou a directiva de “Os Palleiros” e lles asegurou que ía priorizar esta cuestión para que o funcionamento da protectora non se vira alterado, dado o servizo que presta á cidade, procurando que a asociación puidera ingresar a axuda o antes posible, a ser posible xa este mes de xullo. Así mesmo, aproveitou para informarlles da súa intención de impulsar unha nova ordenanza de protección animal e de potenciar charlas de sensibilización sobre adopción de animais nos centros educativos de Pontevedra. Trala reunión a directiva da asociación manifestou saír “satisfeita e con boas sensacións”.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services