Presentación de Tino Fernández á alcaldía de Pontevedra

O venres 14 de decembro, ás 19:00 horas, na sede de Afundación de Pontevedra, o compañeiro Tino Fernández, presentou nun acto público que desbordou as espectativas de asistencia, a súa candidatura á alcaldía do Concello de Pontevedra.

Para esta ocasión contou coa presenza de numerosos compañeir@s do Partido, dende militantes de base ata deputad@s, candidatos e alcaldes e alcaldesas doutros municipios, ou co Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero.

O acto foi aberto pola nosa Secretaria Xeral, Maica Larriba, quen manifestou que o reto era importante, pero que non había maior recoñecemento para un político que ser alcalde da súa cidade, unha cidade á que os socialistas queremos ofrecerlle un novo proxecto, que afronte os novos retos da capital e que mire por tódolos cidadáns, tamén ós das parroquias e barrios, sen distincións, xa que Pontevedra é da xente.

A continuación tomou a palabra a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, quen falou do carácter municipalista do PSOE, porque a política local é a política global, porque cando a xente precisa resolver un problema o máis inmediato é o seu municipio. Seguiu, incidindo na importancia destas eleccións, xa que poden ser determinantes para coller forza de cara ás próximas eleccións, “Temos a forza de 140 anos de progreso, fomos os que cambiamos España, e os que renovaremos Pontevedra”, e rematou ofrecéndolle todo o seu apoio ó noso candidato.

De seguido interviu o Secretario Xeral Provincial do Partido, David Regades, quen indicou que non facía falta presentar a Tino, xa que “é un home a pé de rúa, próximo ós cidadáns”, como se demostrou cando os socialistas compartían goberno co BNG. Evidenciou tamén como cambia a vida da xente, cando gobernan os socialistas, como se está vendo coa presidencia de Pedro Sánchez, que está supoñendo as melloras dos pensionistas e dos soldos dos traballadores, pese a que el PP decía que era imposible, e finalizou cun poema de Mario Benedetti, “A xente que me gusta”, xa que este describe o que son os homes e mulleres socialistas.

Posteriormente falou o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, que advertiu de que os próximos meses van a ser de gran intensidade política, cunha dereita de tres cabezas que vai coaligarse contra o goberno socialista que nos últimos 6 meses devolveu ós cidadáns a súa dignidade e dereitos. Contra esa hidra temos que traballar, con pedagoxía, explicando o noso proxecto, os nosos valores. Seguidamente manifestou que eses cambios non poderían ser posibles sen xente como o compañeiro Tino, que encabezou, xunto con el, a defensa do proxecto de Pedro Sánchez dende o principio. Un proxecto no que prima o compromiso social e a igualdade, para que sexa un proxecto de mallorías que frene á extrema dereita. Que tamén temos que cambiar unha Galicia que perdeu pulo, demográfica e económicamente, tras uns recortes brutais, especialmente na sanidade pública, polo que é preciso darlle tamén unha alternativa ós galegos. E, por suposto, en Pontevedra, que tras 20 anos co mesmo goberno, precisa un cambio, dende unha esquerda que coñece ben a cidade. Finalmente deu todo o apoio do Partido para que Tino sexa o próximo alcalde de Pontevedra.

Por último, interveu o noso candidato, Tino Fernández, que antes de nada, agradeceu a súa nai, presente no acto, por ensinarlle o valor do respecto e da loita por aquelo que nos parece xusto, pois non podemos olvidarnos dos que nos precederon na loita polos ideais. Que sabe que ten por diante unha grande responsabilidade, pero que esta é menos dura vendo toda a xente que o esta apoiando. Continuou explicando que a base do proxecto socialista en Pontevedra é a igualdade porque todos teñamos as mesmas oportunidades sen que importe a rúa onde un vive, se un é pobre ou rico, como xa se puxo de manifesto cando os socialistas levaban as políticas sociais do Concello, políticas que dende o 2011 pasaron da calidade á caridade.

Tamén expresou que estamos orgullosos do modelo de cidade, porque fomos artífices do mesmo, pero que é momento de seguir avanzando, de levar o modelo ós barrios e ás parroquias. Hai que facer un Plan Xeral de Urbanismo, que axude a que o rural non siga perdendo poboación. “O alcalde ten que visitar menos París e máis Monteporreiro”, incidiu Tino, pois “non queremos cidadáns de primeira e de segunda”. Igualmente falou do transporte, excesivamente caro, que separa ás parroquias da cidade e que hai que mellorar; da necesidade dunha maior transparencia; maior apoio ás asociacións, ás que hai que escoitar; uns orzamentos máis participativos; máis inversión en formación e promoción económica; unha política fiscal que non sexa “do século XX, senón do XXI”, con bonificacións para coches ecolóxicos e para os máis necesitados; pagar os clubes deportivos o que se lles debe dende 2016; facer aparcamentos disuasorios, para que a xente das parroquias e os que visitan a cidade non prefiran ir a outras localidades a mercar; abrir unha vía sanitaria con outros reductores de velocidade que eviten ós pacientes e ós traballadores das ambulancias ir dando tumbos; garantir a gratuidade do aparcamento e ser rigurosos e vixiantes co Plan Funcional do novo hospital Montecelo, contrariamente o que fixo o BNG, que asinou un convenio coa Xunta sen transparencia alguna e sen garantir os servizos. En fin, abrir unha etapa de respecto cos cidadáns.

Por último, Tino dixo que si hai un alcalde socialista vai ser o mandato das parroquias e os barrios, un mandato difícil, porque hai moito que facer. Por elo, pediu a axuda a tódolos militantes, presentes ou non, para que lle axuden a explicar ós veciños e veciñas que a única alternativa de esquerdas é o PSOE, porque “Pontevedra é da xente, é vosa”.

Facebooktwittergoogle_pluspinterestby feather

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

scriptsell.neteDataStyle - Best Wordpress Services